viernes, 30 de enero de 2015

DESAFÍOS MATEMÁTICOS EDUCACIÓN PRIMARIA DO 30 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO

Hola a todxs!!!

Xa estamos aquí de novo con outro desafio matemático. Lembrade que tendes que deixar a resposta nun anaco de papel no buzón correspondente antes do vindeiro xoves, 5 de febreiro.

Nese papel non esquezades poñer:

Nome
Apelidos
Curso
e
Resposta ao desafío

Ahí van os desafíos para Educación Primaria.....

Este é o desafío para  5º e 6º de Educación Primaria (o que antes era 3º ciclo)

Este problema planteáronllo ó matemático alemán Johann Carl Friedrich Gauss (1777-1855), considerado como unha das figuras máis influíntes da historia das matemáticas, cando sólo tiña 7 anos. O seu maestro, que quería estar tranquilo durante un bo rato, propuxo a tódolos nenos da clase atopar a suma dos 100 primeiros números naturais. Gauss atopou rápidamente a solución...

E vós??  Sodes capaces de dar a solución e de explicar brevemente a estratexia que empregou??

Sorte a todxs!!! Moitas grazas por participar!!

Lembrade..... A solución a vindeira semana...


Agora tócalle o turno a   3º e 4º de Educación Primaria (o que antes era 2º ciclo). Ahí vai o voso desafío para esta semana....


Xa sabedes canto vale esta última figura???

Non esquezades escribir a resposta xunto có nome, apelidos e curso nun anaco de papel e metela no buzón correspondente!!!!

Moita sorte a todxs!!!!

E por último, aínda que non por iso menos importante..... O desafío para 1º e 2º de Educación Primaria (o que se coñecía como Primeiro Ciclo)

Cal é o número que si o escribes ó revés vale menos???

Xa sabedes cal é  o número??? 

Non esquezades escribir a solución nun anaco de papel xunto có nome, apelidos e curso e metela no buzón correspondente!!!!

Moita sorte a todxs!!!! Grazas por participar!!!!

               As respostas a vindeira semana!!!!!

2 comentarios: