viernes, 19 de diciembre de 2014

SOLUCIÓN AO DESAFÍO MATEMÁTICO DE INFANTIL

Ola aos máis pequechxs do cole!!

A solución ao desafío matemático era......trtrtrtrtrtrrrrrr, pum!

A cor ROSA

E OS ACERTANTES DESTA SEMANA FORON:

XAVIER, ANA CAROLINA, ÁLEX, NICO, JOSE MANUEL, PABLO, DANIEL, IAGO, MÓNICA, MIRIAM, IVÁN, GABRIELA, SARA, ISAAC, MARÍA, UXÍA, XIANA, ALEJANDRO, NUNO, ANTÓN, ADRIÁN, MANUEL, JUAN MANUEL E SERGIO de 5 anos, e:

JOEL BORRAJO PÉREZ
XIÁN CONDE MOUCO
EMMA FERNÁNDEZ CAMPO
SABELA PEDREIRA
LEIRE POSADA FERNÁNDEZ
VIOLETA TABOADA VARELA
LUIS VÁZQUEZ ESTÉVEZ
PAULA TABOADA MÁRQUEZ

Un total de 33 alumnxs de infantil!!! FELICIDADES!!!

domingo, 14 de diciembre de 2014

FE DE ERRATAS, AVISO PARA 3º CICLO

AVISO IMPORTANTÍSIMO PARA 3º CICLO.

Na serie numérica do desafío matemático hai unha errata. Alaaaaaaaaaaaaa!!!!! 

A serie correcta sería:

0 -1 -1 -2 -3 -5 -8 -13 -.....?

Perdoade as molestias, amigxs!!

As respostas que xa meterades no buzón e que por este erro se acheguen ó resultado serán validadas coma acertos!

Recordade todos que aínda tedes ata o xoves para respostar!!! A que esperades???

Ata máis ver!!!!

viernes, 12 de diciembre de 2014

O DESAFÍO MATEMÁTICO (I)

Ola a todxs!!!

Coma xa debedes de estar informadiñxs, aquí vos deixamos os desafíos matemáticos desta semana. Para o vindeiro venres, data de finalización do trimestre (BEEEEEEEEEEEN!!!), colgaremos as solucións. Recordade que tedes ata o próximo xoves para contestar!!!!


INFANTIL


 Con esta imaxe saberías dicir de que color sería o cubo que poríamos a dereita para seguir a fila?

_______________________________________________________

1º CICLO: 1º e 2º cursos.





______________________________________________________________________________

2º CICLO: 3º e 4º cursos.
Coloca os números do 1 ao 9, de xeito que non repitas ningún en cada círculo e todos os lados sumen 20!!!
_____________________________________

3º CICLO: 5º e 6º cursos.

Completa a serie:

0-1-1-2-3-5-8-12-....?
_____________________________________

Recordade que debedes meter no buzón as vosas respostas con nome e apelidos e máis co voso curso!!!


Ata a próxima entrega!!! 

viernes, 5 de diciembre de 2014

ISAAC NEWTON

Hola a todxs!!!
Hoxe voltamos cun novo científico do que queremos falarvos. Trátase de Isaac Newton! Este xoves, 25 de decembro, cumple anos este fantástico físico. Qué má sorte! Naceu o día de Nadal!!! 

Isaac Newton naceu en Woolsthorpe, Lincolnshire, Inglaterra. Entre as súas contribucións máis notables está o descubrimento de que as leis naturais que gobernan o movimento da Terra e o movimento dos corpos celestes son as mesmas.


Este científico está considerado como un dos científicos máis grandes de tódolos tempos e a súa obra coma unha auténtica REVOLUCIÓN!!!! Curiosidades:
  • Gañouse a fama de seres moi arisco entre a comunidade científica.

  • Din que foi meditando debaixo dunha maceira que descubriu a "Ley de gravitación Universal". Esta historia, ó parecer, é parcialmente certa. Parece ser que estando cun amigo tomado té nun xardín baixo unhas maceiras comentoulle que se lle ocurrira o concepto de gravitación. Estaba pensando nesta idea cando lle caiu a famosa mazá. Jajajajaja





Eiquí vos deixamos uns vídeos sobre este interesantísimo científico!




                            


Ata a próxima!!!! Recordade que pronto comezará "O desafío matemático". Se tedes algunha dúbida tedes unha entrada anterior explicando brevemente de que vai o concurso e pronto recibiredes nas aulas información abondo para poder gañar o concurso!!!!!




martes, 2 de diciembre de 2014

ATENCIÓN CONCURSOOOO!!!!

Ola a todxs queridiñxs!


Ratiño e Ratiña voltamos cunha nova tan atractiva que non a poderedes deixar escapar!!!!

Coma vimos que a nova sección "O desafío matemático" tiña tanto éxito, decidimos facer  un concurso!!!


A partir da próxima semana estade atentos a este blog pois o desafío matemático poderase contestar!!! Cada certo tempo colgaremos un desafío para cada un destes grupos:


  • EDUCACIÓN INFANTIL.
  • 1º CICLO: 1º E 2º CURSOS.

  • 2º CICLO: 3º E 4º CURSOS.

  • 3º CICLO: 5º E 6º CURSOS.
Haberá catro caixas con catro desafíos diferentes que se irán colgando no blog cada certo tempo e x alumnx que máis acertos teña ao longo de todo o curso recibirá

un premio!!!!!

Animádevos todxs!!! Podedes empregar todos os recursos que queirades para acertalos!!! Manterémosvos ao tanto!!!

E mentres tanto para ir practicando na casa, vos deixamos con este experimento científico que podedes facer nas vosas casas, totalmente MÁXICOOOOOO!!!





Ata máis ver!!!! :) :) :) :D


viernes, 21 de noviembre de 2014

MATEMÁTICA LARPEIRA (O DESAFÍO MATEMÁTICO)

Ola a todxs larpeirxs do Mestre Martínez!!

Hoxe traemos un novo desafío co que poderedes comer chocolate de xeito infinito!!! Si, infinitamente!!! Ata ó infinito e máis aló!!!

Pero antes de que vos caiga a baba, botádelle un ollo a este vídeo!!



Ata a próximaaaaa!!!

jueves, 20 de noviembre de 2014

O DESAFÍO MATEMÁTICO

Ola a todxs!

Estamos de estreo!!!! O desafío matemático estará con nós varios días ao mes... Atrevédesvos?

Nesta ocasión ímosvos propoñer un método alternativo para realizar as multiplicacións. Hay quen lle chama o método maya, quen di que é un invento dos chineses e quen lle pon o nome do "Método bolboreta". A ver quen se anima a probalo!!!

E recordade que é un método alternativo!! As táboas hai que estudalaaaaas!!!


Chaooooooooooo!!!!
 


lunes, 10 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

Ola a todxs!!

Coma vos prometemos a semana pasada eiquí tedes uns vídeos sobre a vida e obra de Marie Curie!!!



 



viernes, 7 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

OLA A TODAS E TODOS!!!   :)   :)   :D   ;)   8)


Ratiño e ratiña voltan con outra entrega de: "XogaMOS coa ciencia"

Nesta ocasión imos comentarvos que hoxe é un día moi especial, pois se cumplen uns poucos anos do nacemento dunha científica das máis coñecidas e admiradas, MARIE CURIE!!!!

A gañadora dúas veces o Premio Nobel, naceu en Varsovia, Polonia un 7 de novembro de 1867 e pasou a súa vida adicada á Física, á Química e ás Matemáticas (guaaaaauuuuuu!!!).

A maioría dos seus estudos están relacionados coas sustancias radioactivas. De feito gañou un Premio Nobel en 1903, compartido co seu marido (compañeiro co cal compartía a súa paixón polas ciencias) Pierre Curie e máis con Antoine Henri Becquerel, polo descubrimento da radioactividade natural. Tamén acadou o Premio Nobel de química en 1911 pola separación do radio (un elemento químico). 

 

 

CURIOSIDADES:

- Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel!!!

- Única en recibir dous premios desta categoría en dúas áreas científicas diferentes.

- O seu primeiro nome foi Marya Saloméa Skłodowska Boguska.

- Usou os cartos do seu primeiro Nobel en facer agasaios para os seus familiares e en mercar unha bañeira!!!!



 

Na próxima semana deixaremos uns vídeos para que coñezades máis desta magnífica científica!!!

ATA LOGO!!!

viernes, 17 de octubre de 2014

Il´ja M. Frank

Aloha, científicas e científicos!!


Para inaugurar este novo blogg do noso proxecto: XogaMOS coa ciencia, imos abrir unha sección onde poderedes ver as curiosidades das científicas e dos científicos máis famosos. Non vai ser en plan cotilleo, pero si vos contaremos algunhas das súas aportacións o mundo das ciencias e as curiosidades máis alucinantes!!!


Imos aló!!
Este mes de outubro está de onomástica o científico Il´ja M. Frank (vaia nome!!), que naceu o 23 de outubro de 1908. Vamos, que xa choveu!!! 




Pois ben, este superheroe das matemáticas e da física ruso, foi galardonado co Premio Nobel da Física pola súa interpretación do efecto Cherenkov, una radiación dunha cor azul intensa que máis tarde se puido aplicar ós avións supersónicos!!!! Vaia máquina!!!!



Ata próximas entregas!!!