viernes, 21 de noviembre de 2014

MATEMÁTICA LARPEIRA (O DESAFÍO MATEMÁTICO)

Ola a todxs larpeirxs do Mestre Martínez!!

Hoxe traemos un novo desafío co que poderedes comer chocolate de xeito infinito!!! Si, infinitamente!!! Ata ó infinito e máis aló!!!

Pero antes de que vos caiga a baba, botádelle un ollo a este vídeo!!



Ata a próximaaaaa!!!

jueves, 20 de noviembre de 2014

O DESAFÍO MATEMÁTICO

Ola a todxs!

Estamos de estreo!!!! O desafío matemático estará con nós varios días ao mes... Atrevédesvos?

Nesta ocasión ímosvos propoñer un método alternativo para realizar as multiplicacións. Hay quen lle chama o método maya, quen di que é un invento dos chineses e quen lle pon o nome do "Método bolboreta". A ver quen se anima a probalo!!!

E recordade que é un método alternativo!! As táboas hai que estudalaaaaas!!!


Chaooooooooooo!!!!
 


lunes, 10 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

Ola a todxs!!

Coma vos prometemos a semana pasada eiquí tedes uns vídeos sobre a vida e obra de Marie Curie!!!



 



viernes, 7 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

OLA A TODAS E TODOS!!!   :)   :)   :D   ;)   8)


Ratiño e ratiña voltan con outra entrega de: "XogaMOS coa ciencia"

Nesta ocasión imos comentarvos que hoxe é un día moi especial, pois se cumplen uns poucos anos do nacemento dunha científica das máis coñecidas e admiradas, MARIE CURIE!!!!

A gañadora dúas veces o Premio Nobel, naceu en Varsovia, Polonia un 7 de novembro de 1867 e pasou a súa vida adicada á Física, á Química e ás Matemáticas (guaaaaauuuuuu!!!).

A maioría dos seus estudos están relacionados coas sustancias radioactivas. De feito gañou un Premio Nobel en 1903, compartido co seu marido (compañeiro co cal compartía a súa paixón polas ciencias) Pierre Curie e máis con Antoine Henri Becquerel, polo descubrimento da radioactividade natural. Tamén acadou o Premio Nobel de química en 1911 pola separación do radio (un elemento químico). 

 

 

CURIOSIDADES:

- Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel!!!

- Única en recibir dous premios desta categoría en dúas áreas científicas diferentes.

- O seu primeiro nome foi Marya Saloméa Skłodowska Boguska.

- Usou os cartos do seu primeiro Nobel en facer agasaios para os seus familiares e en mercar unha bañeira!!!!



 

Na próxima semana deixaremos uns vídeos para que coñezades máis desta magnífica científica!!!

ATA LOGO!!!