jueves, 30 de abril de 2015

FE DE ERRATAS, AVISO PARA 1º E 2º!!!!!!!

Ola rapaces e rapazas!!!!
O outro día houbo un erro nos resultados do desafío matemático e como ben nos indicaron o resultado era 9!!!!! e non 10. Se lembrades o leñador cortaba un trozo dun metro cada día. Preguntaba cantos días tardaba e claro son 9!!!!!! No noveno día corta un trozo (o noveno) pero tamén o décimo xa que non hai máis que cortar. Así o día décimo non teríamos máis que cortar.

Entón temos que dar por bos os plantexamentos de:

  • Noelia Barros Sio de 2º A
  • Lucía Andrade Campoy de 1º A
Perdoade as molestias e gracias por estar tan atentos e facernos chegar os erros!!!!

sábado, 25 de abril de 2015

OLA RAPAZAS E RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ  COAS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO
EN EDUCACIÓN INFANTIL DARVOS AS GRAZAS POLO MOITO QUE PARTICIPADES SEMPRE. SODES UNS CAMPIÓNS!!!!!!
A SOLUCIÓN ERA CONTINUAR A SERIE CON 2 CÍRCULOS PEQUENOS E 2 GRANDES.
 
 OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS A: EMMA FERNÁNDEZ
  • DE 4 ANOS B: LUIS VÁZQUEZ, NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA E ROMÁN NOGALES
  • DE 5 ANOS:SARA, MANUEL, IVÁN, MIRIAM, NICOLÁS, MÓNICA, XIÁN, ISAAC, XIANA, ANTÓN, ADRIÁN, IAGO, ANA CAROLINA, JOSE MANUEL, ALEJANDRO, MARÍA, XAVI, ALEXANDRE, UXÍA, JUAN MANUEL, PABLONUNO.
NORABOA!!!!!!!!
 
 
En 1º e 2º tamén tivemos moitos acertantes. A solución era 10
 
 
 
 xa que o tronco ten 10 metros e cada día corta un metro.
OS ACERTANTES FORON:
  • Simón Nogales Alonso de 1º A
  • Pedro Alonso Barreiro de 2º A
  • Eva Pérez González de 2º A.
En 3º e 4º non houbo participantes. Que pasou? Era moi difícil? Xa veredes que non tanto....
O primeiro que tíñades que facer é saber cantos estaban no bus, entre o chófer, os nenos, as gatas e os gatiños. Logo averiguar as pernas e as patas que hai. Veamos:
 
1. Cantos van no bus?
  • Un chófer
  • 5 nenos
  • 125 gatas (cada caixa ten 5 gatas; o 1º que temos que saber é cantas caixas hai? se cada neno ten 5 caixas e hai 5 nenos: 5x5=25 caixas; é cada caixa ten 5 gatas: 25x5=125!!) Esto era o máis difícil.
  • 625 gatiños (xa que sabendo que hai 125 gatas e que cada una ten 5 gatiños: 125x5=625!!
2. Cantas patas e pernas van no bus?
  • Un chófer: 2 pernas
  • 5 nenos: cada un ten 2 pernas non?: 5 x 2=10
  • Gatas: se teñen 4 patas e hai 125: 125x4=500
  • Gatiños: tamén teñen 4 patas e son 625: 625x4= 2500
  • Por último sumamos todo: 2500 + 500 +10 + 2= 3012!!!!!!!!  xa temos un número de patas e pernas!!!!
Vale, era un pouco compricado, pero intentádeo de novo e xa veredes como vós sae.


O desafío matemático de 5º e 6º podía ter varias solucións; os números dos círculos en liña tiñan que sumar 16. Así, podía ser:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AS ACERTANTES FORON:
  • Noemí Fernández de 6º B
  • Irene Anta Pérez de 6º B


NORABOA A TODOS E TODAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!!!!!
 
ATA PRONTO!!!!!!!!!!!!!


 
 
 
 

viernes, 17 de abril de 2015

DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!DO 17 AO 23 DE ABRIL

OLA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ CUN NOVO DESAFÍO!!!


ANTES DE COMEZAR, DICIR QUE HOUBO UN ERRO NAS SOLUCIÓNS DO DESAFÍO ANTERIOR, XA QUE SÍ TIVEMOS ACERTANTES NO CURSO DE 6º B, CONCRETAMENTE, IRENE ANTA PÉREZ. NORABOA!
E AGORA............ VAMOS POÑER OS NOVOS DESAFÍOS..........
LEMBRADE QUE TEDES QUE DEIXAR O PAPELIÑO NA CAIXIÑA QUE CORRESPONDA AO VOSO CURSO E NEL TEDES QUE POR:
  1. NOME E APELIDOS
  2. CURSO
  3. SOLUCIÓN AO DESAFÍO
A DATA LÍMITE É O VINDEIRO XOVES, 23 DE ABRIL!!!!!!!!!!!!


DESAFÍO MATEMÁTICO PARA EDUCACIÓN INFANTIL
 
OLA CATIVIÑOS!!!!!!!
O RATO DA BIBLIOTECA DEIXOU PARA VÓS UN DESAFÍO MOI DOADO. SÓ TEDES QUE SEGUIR A SERIE CON 4 FIGURIÑAS MÁIS.
ÁNIMO!!!!
 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 1º E 2º
 
Ola rapaces e rapazas!!!!! Aquí tedes o voso desafío. É un acertixo que podedes adiviñar sen facer ninguna operación.....requetefáaaaaaaaacil!!!!!!!!!
 

 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 3º E 4º
 
Ola nenos e nenas de 3º e 4º!!!!!! Tedes un problemiña que resolver. Tedes que lelo moi ben e xa veredes como vos sae. ÁNIMO!!!!!!!! 

 
 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 5º E 6º
 
Ola rapazas e rapaces!!!! xa tedes o voso desafío ......A darlle á testiña!!!!

 
 
 
Lembrade ....tedes ata o xoves para entregar os vosos desafíos!!!!!!!
 
E para rematar........ un chiste matemático ;)
 FELIZ SEMANA!!!!!!!!!!!!!!!
 
 



 
 
 


jueves, 9 de abril de 2015

SOLUCIÓNS AO DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!

OLA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!!

XA VOS TARDABAN AS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO NON?
POIS AÍ VAN............

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXÉCHELO MOI BEN. O DESAFÍO PARECÍASE A ESES CUBIÑOS QUE TEDES NA CASA OU NO COLE DE METER AS FIGURIÑAS, VERDADE? POIS BEN,
A QUE LEVABA O NÚMERO 1 CORRESPONDÍA COA FIGURA AZUL,
A QUE LEVABA O NÚMERO 2 COA FIGURA AMARELA
E A QUE LEVABA O NÚMERO 3 COA FIGURA VERMELLA
E OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS B: GORKA SOTO
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA
  • DE 4 ANOS B: NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 5 ANOS: ADRIÁN, XIANA, MIRIAM, JUANMA, ANA, CAROLINA, JOSE MANUEL, GABRIELA, ÁLEX, MARÍA, NUNO, IAGO, ALEJANDRO, UXÍA, XIÁN, MANU, PABLO, SARA, NICOLÁS, ISAAC, IVÁN, XAVI, ANTÓN, DANIEL.
NORABOA A TODOS E TODAS!!!!!!

E agora vamos cos nenos e nenas de 1º e 2º curso.
Que tal? Era doado?
 Tíñades que buscar todos os número 9 entre o 0 e o 100. A solución era.....:
 
Sí, 20 números conteñen o 9, Vamos ver: 9, 19, 29, 39, 49, 59, 69, 79, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 95, 96, 97, 98 e 99 (neste temos que contar os dous números 9)
 
Noraboa os acertantes que foron:
  • NOELIA BARROS SÍO de 2º A
  • UNAI SOTO MARTÍNEZ de 2º B
En canto os rapaces e rapazas de 3º e 4º os dous números que tíñades que buscar eran o 7 e o 8.
 
 
 
 
 
No círculo azul hai dúas series. As vedes? Unha é: 8-10-12-14. E a outra é: 1-3-5- ?. Obtemos os números sumando 2 ao anterior; entón 5+2= 7
No círculo amarelo tamén temos que sumar pero agora para seguir a serie temos que ir sumando sempre o anterior.
1+1= 2
1+2=3
3+2=5
5+3=8 que é o número que buscamos.
Sabedes que esta serie chámase secuencia de Fibonacci?? Din que ten propiedades máxicas!!!!!!
Aquí tedes un vídeo que a explica un pouquiño:
A que é sorprendente que atopemos esta serie de números en tantas cousas??????
 
Pois ben, os acertantes do desafío foron:
  • PEDRO RODRÍGUEZ PÉREZ de 3º A
  • AITANA DÍAZ BARCIELA de 3º B
  • DAVID CASTRO FOLGAR de 3º B
 
E por último os alumnos e alumnas de 5º e 6º
Aquí tedes a solución. A que así parece moi doada?? :)
 


 
E sintóo, pero esta semana non houbo acertantes.... nin case participantes.... A ver se tedes máis sorte a próxima vez.
 

E ANTES DE DESPEDIRNOS UNHA PEQUENA REGAÑINA....LEMBRARVOS QUE AS CAIXIÑAS ONDE SE METEN OS RESULTADOS DO DESAFÍO NON SON PAPELEIRAS!!!!  TEMOS QUE COIDAR ENTRE TODOS E TODAS AS COUSAS DO COLE.
E SEN MÁIS.....
A SEMANA QUE VEN............
NOVOS DESAFÍOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
DEICALOGO!!!!!!!!!!