lunes, 19 de enero de 2015

ANDRÉ AMPERE E EXPERIMETO DA BRÚXULA

Ola a todxs amigxs!!!

Este próximo 20 de xaneiro conmemórase o nacemento dun grande científico, André Ampere.

André Ampere foi un matemático e físico francés quen inventou o primeiro telégrafo eléctrico  



 e xunto con François Arago, o electroimán. Formulou en 1827 a teoría do electromagnetismo. O amperio (dito en francés "ampere") chámase así na súa honra!!



CURIOSIDADES:


  • Foi un neno moi precoz e xa antes de coñecer os números facía contas con pedriñas e miguiñas de pan.
  • O seu pai era seguidor dun filósofo da época, Rousseau, e movido polas súas ensinanzas decidiu instruír el mesmo ó pequeno André. Nunca foi a escola!!!! Bueno, foi, pero só a dar clases, e xa de maior!!!!
  • Aprendeu a ler dende moi cativo e como lle gustaban tanto as mates, con tan sólo doce anos, ía todos os días a biblioteca a ler libros desta disciplina. Como estes libros estaban en latín, aprendeu esta língua en tan só un par de semanas!!! Vaia máquina!!!!


E con relación ó electromagnetismo vos deixamos un experimento moi doado con imanes para facer unha brúxula!!! De seguro que vos encanta!!! 


E ademáis un aviso sobre o DESAFÍO!!! Lembrade que tedes ata este xoves para contestalo!!!


Ata máis ver!!!  :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario