viernes, 16 de enero de 2015

NOVO DESFÍO MATEMÁTICO PARA 1º CICLO

Ola a todxs, amiguiñxs!!

Para vós tamén hai un novo "Desafío matemático"!!!

Lembrade que tedes que introducir o voso papeliño no buzón de 1º ciclo, cos seguintes datos:

  • NOME
  • APELIDOS
  • CURSO
e
  •  RESPOSTA.   
Ratiño e Ratiña queremos facer un pouquiño de concienciación ecolóxica e vos pedimos que empreguedes un anaquiño pequeno de papel e sen sobre!! GRAAAAAAAAAZAAAAS!!!

E agora, o DESAFÍO!!!


AMIGXS DO... 10!!!

  Para facilitar o cálculo exprés temos amiguiñxs que nos levan a este gran número, o 10!! Por exemplo:

1 + 9 = 10   Cada vez que teñas nunha suma estes dous números saberás que a súa suma é 10. Do mesmo xeito, 9 + 1 = 10

Outros exemplos serían:

3 + 7 = 10 ou 7 + 3 = 10, AMIGXS DO 10!!!
4 + 6, OU 6 + 4!! AMIGUIÑXS DO 10!!!
E un que nos gusta especialmente: 5 + 5, qué fácil!!!!
Pero... eiquí vai o DESAFÍO!!!

Qué amigos do 10 faltan neste listado? Qué combinación nos deixamos???


Grazas pola vosa participación e moita sorte!!!!                                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario