viernes, 12 de diciembre de 2014

O DESAFÍO MATEMÁTICO (I)

Ola a todxs!!!

Coma xa debedes de estar informadiñxs, aquí vos deixamos os desafíos matemáticos desta semana. Para o vindeiro venres, data de finalización do trimestre (BEEEEEEEEEEEN!!!), colgaremos as solucións. Recordade que tedes ata o próximo xoves para contestar!!!!


INFANTIL


 Con esta imaxe saberías dicir de que color sería o cubo que poríamos a dereita para seguir a fila?

_______________________________________________________

1º CICLO: 1º e 2º cursos.





______________________________________________________________________________

2º CICLO: 3º e 4º cursos.
Coloca os números do 1 ao 9, de xeito que non repitas ningún en cada círculo e todos os lados sumen 20!!!
_____________________________________

3º CICLO: 5º e 6º cursos.

Completa a serie:

0-1-1-2-3-5-8-12-....?
_____________________________________

Recordade que debedes meter no buzón as vosas respostas con nome e apelidos e máis co voso curso!!!


Ata a próxima entrega!!! 

viernes, 5 de diciembre de 2014

ISAAC NEWTON

Hola a todxs!!!
Hoxe voltamos cun novo científico do que queremos falarvos. Trátase de Isaac Newton! Este xoves, 25 de decembro, cumple anos este fantástico físico. Qué má sorte! Naceu o día de Nadal!!! 

Isaac Newton naceu en Woolsthorpe, Lincolnshire, Inglaterra. Entre as súas contribucións máis notables está o descubrimento de que as leis naturais que gobernan o movimento da Terra e o movimento dos corpos celestes son as mesmas.


Este científico está considerado como un dos científicos máis grandes de tódolos tempos e a súa obra coma unha auténtica REVOLUCIÓN!!!! Curiosidades:
  • Gañouse a fama de seres moi arisco entre a comunidade científica.

  • Din que foi meditando debaixo dunha maceira que descubriu a "Ley de gravitación Universal". Esta historia, ó parecer, é parcialmente certa. Parece ser que estando cun amigo tomado té nun xardín baixo unhas maceiras comentoulle que se lle ocurrira o concepto de gravitación. Estaba pensando nesta idea cando lle caiu a famosa mazá. Jajajajaja





Eiquí vos deixamos uns vídeos sobre este interesantísimo científico!




                            


Ata a próxima!!!! Recordade que pronto comezará "O desafío matemático". Se tedes algunha dúbida tedes unha entrada anterior explicando brevemente de que vai o concurso e pronto recibiredes nas aulas información abondo para poder gañar o concurso!!!!!




martes, 2 de diciembre de 2014

ATENCIÓN CONCURSOOOO!!!!

Ola a todxs queridiñxs!


Ratiño e Ratiña voltamos cunha nova tan atractiva que non a poderedes deixar escapar!!!!

Coma vimos que a nova sección "O desafío matemático" tiña tanto éxito, decidimos facer  un concurso!!!


A partir da próxima semana estade atentos a este blog pois o desafío matemático poderase contestar!!! Cada certo tempo colgaremos un desafío para cada un destes grupos:


  • EDUCACIÓN INFANTIL.
  • 1º CICLO: 1º E 2º CURSOS.

  • 2º CICLO: 3º E 4º CURSOS.

  • 3º CICLO: 5º E 6º CURSOS.
Haberá catro caixas con catro desafíos diferentes que se irán colgando no blog cada certo tempo e x alumnx que máis acertos teña ao longo de todo o curso recibirá

un premio!!!!!

Animádevos todxs!!! Podedes empregar todos os recursos que queirades para acertalos!!! Manterémosvos ao tanto!!!

E mentres tanto para ir practicando na casa, vos deixamos con este experimento científico que podedes facer nas vosas casas, totalmente MÁXICOOOOOO!!!





Ata máis ver!!!! :) :) :) :D


viernes, 21 de noviembre de 2014

MATEMÁTICA LARPEIRA (O DESAFÍO MATEMÁTICO)

Ola a todxs larpeirxs do Mestre Martínez!!

Hoxe traemos un novo desafío co que poderedes comer chocolate de xeito infinito!!! Si, infinitamente!!! Ata ó infinito e máis aló!!!

Pero antes de que vos caiga a baba, botádelle un ollo a este vídeo!!



Ata a próximaaaaa!!!

jueves, 20 de noviembre de 2014

O DESAFÍO MATEMÁTICO

Ola a todxs!

Estamos de estreo!!!! O desafío matemático estará con nós varios días ao mes... Atrevédesvos?

Nesta ocasión ímosvos propoñer un método alternativo para realizar as multiplicacións. Hay quen lle chama o método maya, quen di que é un invento dos chineses e quen lle pon o nome do "Método bolboreta". A ver quen se anima a probalo!!!

E recordade que é un método alternativo!! As táboas hai que estudalaaaaas!!!


Chaooooooooooo!!!!
 


lunes, 10 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

Ola a todxs!!

Coma vos prometemos a semana pasada eiquí tedes uns vídeos sobre a vida e obra de Marie Curie!!!



 



viernes, 7 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

OLA A TODAS E TODOS!!!   :)   :)   :D   ;)   8)


Ratiño e ratiña voltan con outra entrega de: "XogaMOS coa ciencia"

Nesta ocasión imos comentarvos que hoxe é un día moi especial, pois se cumplen uns poucos anos do nacemento dunha científica das máis coñecidas e admiradas, MARIE CURIE!!!!

A gañadora dúas veces o Premio Nobel, naceu en Varsovia, Polonia un 7 de novembro de 1867 e pasou a súa vida adicada á Física, á Química e ás Matemáticas (guaaaaauuuuuu!!!).

A maioría dos seus estudos están relacionados coas sustancias radioactivas. De feito gañou un Premio Nobel en 1903, compartido co seu marido (compañeiro co cal compartía a súa paixón polas ciencias) Pierre Curie e máis con Antoine Henri Becquerel, polo descubrimento da radioactividade natural. Tamén acadou o Premio Nobel de química en 1911 pola separación do radio (un elemento químico). 

 

 

CURIOSIDADES:

- Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel!!!

- Única en recibir dous premios desta categoría en dúas áreas científicas diferentes.

- O seu primeiro nome foi Marya Saloméa Skłodowska Boguska.

- Usou os cartos do seu primeiro Nobel en facer agasaios para os seus familiares e en mercar unha bañeira!!!!



 

Na próxima semana deixaremos uns vídeos para que coñezades máis desta magnífica científica!!!

ATA LOGO!!!