viernes, 7 de noviembre de 2014

MARIE CURIE

OLA A TODAS E TODOS!!!   :)   :)   :D   ;)   8)


Ratiño e ratiña voltan con outra entrega de: "XogaMOS coa ciencia"

Nesta ocasión imos comentarvos que hoxe é un día moi especial, pois se cumplen uns poucos anos do nacemento dunha científica das máis coñecidas e admiradas, MARIE CURIE!!!!

A gañadora dúas veces o Premio Nobel, naceu en Varsovia, Polonia un 7 de novembro de 1867 e pasou a súa vida adicada á Física, á Química e ás Matemáticas (guaaaaauuuuuu!!!).

A maioría dos seus estudos están relacionados coas sustancias radioactivas. De feito gañou un Premio Nobel en 1903, compartido co seu marido (compañeiro co cal compartía a súa paixón polas ciencias) Pierre Curie e máis con Antoine Henri Becquerel, polo descubrimento da radioactividade natural. Tamén acadou o Premio Nobel de química en 1911 pola separación do radio (un elemento químico). 

 

 

CURIOSIDADES:

- Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel!!!

- Única en recibir dous premios desta categoría en dúas áreas científicas diferentes.

- O seu primeiro nome foi Marya Saloméa Skłodowska Boguska.

- Usou os cartos do seu primeiro Nobel en facer agasaios para os seus familiares e en mercar unha bañeira!!!!



 

Na próxima semana deixaremos uns vídeos para que coñezades máis desta magnífica científica!!!

ATA LOGO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario