sábado, 25 de abril de 2015

OLA RAPAZAS E RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ  COAS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO
EN EDUCACIÓN INFANTIL DARVOS AS GRAZAS POLO MOITO QUE PARTICIPADES SEMPRE. SODES UNS CAMPIÓNS!!!!!!
A SOLUCIÓN ERA CONTINUAR A SERIE CON 2 CÍRCULOS PEQUENOS E 2 GRANDES.
 
 OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS A: EMMA FERNÁNDEZ
  • DE 4 ANOS B: LUIS VÁZQUEZ, NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA E ROMÁN NOGALES
  • DE 5 ANOS:SARA, MANUEL, IVÁN, MIRIAM, NICOLÁS, MÓNICA, XIÁN, ISAAC, XIANA, ANTÓN, ADRIÁN, IAGO, ANA CAROLINA, JOSE MANUEL, ALEJANDRO, MARÍA, XAVI, ALEXANDRE, UXÍA, JUAN MANUEL, PABLONUNO.
NORABOA!!!!!!!!
 
 
En 1º e 2º tamén tivemos moitos acertantes. A solución era 10
 
 
 
 xa que o tronco ten 10 metros e cada día corta un metro.
OS ACERTANTES FORON:
  • Simón Nogales Alonso de 1º A
  • Pedro Alonso Barreiro de 2º A
  • Eva Pérez González de 2º A.
En 3º e 4º non houbo participantes. Que pasou? Era moi difícil? Xa veredes que non tanto....
O primeiro que tíñades que facer é saber cantos estaban no bus, entre o chófer, os nenos, as gatas e os gatiños. Logo averiguar as pernas e as patas que hai. Veamos:
 
1. Cantos van no bus?
  • Un chófer
  • 5 nenos
  • 125 gatas (cada caixa ten 5 gatas; o 1º que temos que saber é cantas caixas hai? se cada neno ten 5 caixas e hai 5 nenos: 5x5=25 caixas; é cada caixa ten 5 gatas: 25x5=125!!) Esto era o máis difícil.
  • 625 gatiños (xa que sabendo que hai 125 gatas e que cada una ten 5 gatiños: 125x5=625!!
2. Cantas patas e pernas van no bus?
  • Un chófer: 2 pernas
  • 5 nenos: cada un ten 2 pernas non?: 5 x 2=10
  • Gatas: se teñen 4 patas e hai 125: 125x4=500
  • Gatiños: tamén teñen 4 patas e son 625: 625x4= 2500
  • Por último sumamos todo: 2500 + 500 +10 + 2= 3012!!!!!!!!  xa temos un número de patas e pernas!!!!
Vale, era un pouco compricado, pero intentádeo de novo e xa veredes como vós sae.


O desafío matemático de 5º e 6º podía ter varias solucións; os números dos círculos en liña tiñan que sumar 16. Así, podía ser:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AS ACERTANTES FORON:
  • Noemí Fernández de 6º B
  • Irene Anta Pérez de 6º B


NORABOA A TODOS E TODAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!!!!!
 
ATA PRONTO!!!!!!!!!!!!!


 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario