viernes, 27 de febrero de 2015

SOLUCIÓNS Ó DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

OS ACERTANTES DE INFANTIL SON:
  • DA CLASE DE 3 ANOS A: EMMA
  • DA CLASE DE 4 ANOS B: SABELA E DE 4 ANOS A: MARA.
  • DA CLASE DE 5 ANOS: GABRIELA, SARA, MIRIAM, XIANA, PABLO, XABIER, ALEXANDRE, NUNO, ADRIÁN, ALEJANDRO, IVÁN, UXÍA, JOSE MANUEL, ISAAC, ANTÓN, SERGIO, XIÁN, MÓNICA
CONTÁCHEDES BEN AS CARIÑAS???????
TÍÑAMOS 7 CARIÑAS SORRINTES E 5 CARIÑAS ENOXADAS.

UN "HURRA" PARA OS ACERTANTES!!!!!!!!!!!!!!!!



Como bos detectives os alumnos de 1º e 2º descubríchedes que o gañador da carreira foi Andrés. Seguindo as pistas que vos daban o orden de chegada á meta era:

1º) Andrés
2º) Carlos
3º) Rui
4º) Lois

Polo tanto o 1º e gañador foi ANDRÉS!!!!!!!!!!!!

No caso do desafío tamén temos varios gañadores: Simón Nogales Alonso (1º A), Roi García Lorenzo (2ºA) e  Noelia Barro Sío (2º A).

Moitos PARABÉNS!!!!!!!!!!

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º  tíñades que completar nun cadro os números que faltaban. As operacións que leváchedes a cabo foron sumas e restas. Se comezábades pola derradeira columna era máis fácil. Así, temos que buscar un número ao que sumándolle 17 + 16 + 15 dea como resultado 82. ( ? + 17 +16 +15=82), se sumamos os números que temos quedaría en : ? + 48= 82. Para saber canto é ? restamos 82 - 48= 34. E así vamos completando toda a tabla.

Os acertantes de 3º e 4º foron: Daniela González Álvarez (3º B), Aitana Díaz Barciela (3º B) e Daniela Blanco (3º A).

Parabéns chicas!!!!!!!!  Non era doado e o resolvéchedes moi ben.

Agora tócalle a quenda aos rapaces e rapazas de 5º e 6º:

O problema era moi fácil. Non tíñades que facer ningunha operación, máis sí usar a cabeciña. Se vos fixades, ó principio da moitos datos que na realidade non vos valen de nada. Se os dous trenes se cruzan é que están no mesmo punto xeográfico e, polo tanto, están á mesma distancia de calquer outro sitio (neste caso Getafe)

Os gañadores do desafío de 5º e 6º foron: Isaías Gil Rodríguez (6º A), Javier  Varela Francisco (6º B),
Gabriel Doural (6º B), Pablo Romero Estévez (6º B) e Brais Martínez Escudero (6º B)

MOITOS PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

SEGUIDE DÁNDOLLE AOS NÚMERIÑOS :)




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario